mércores, 6 xul 2005
A sala de arqueoloxía do Museo Municipal Quiñones de León albergará unha exposición sobre as aras do santuario de Donón co título “Para o deus Berobreo” que se poderá visitar desde o 7 de xullo ao 1 de outubro.
mércores, 6 xul 2005
O Consello da Xerencia de Urbanismo tratará, entre outros asuntos, na reunión que celebra o xoves, día 7 de xullo, a aprobación inicial da Ordenanza sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo.
mércores, 6 xul 2005
O campo de fútbol da Bouza acollerá, os días 9 e 10 de xullo, a Festa da Petanca, coa que se pretende potenciar este deporte nun ambiente lúdico e interxeneracional. Nesta edición espérase a participación dunhas seiscentas persoas de diferentes idades.
mércores, 6 xul 2005
O Club Deportivo Vigo Fútbol Sala organiza, coa colaboración do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, o I Campus de Fútbol Sala Cidade de Vigo "Aprende e Disfruta", co obxectivo de que os máis novos poidan gozar das súas vacacións nun ambiente san e deportivo.
mércores, 6 xul 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores o XXVI Trofeo "Cidade de Vigo" de Atletismo en Pista, que se disputará o próximo martes 12 de xullo a partir das 20:00 no Estadio Municipal de Balaídos.
mércores, 6 xul 2005
A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares, entregou na mañá do mércores os diplomas ás 55 persoas que asistiron aos cursos de formación profesional ocupacional , que desenvolveu a concellería no marco do programa de cursos do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.