Concello e Deputación colaboran no mantemento da casa de acollida e do piso tutelado para mulleres maltratadas
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe martes un convenio de colaboración para o mantemento dos servizos da casa de acollida e do piso tutelado cos que conta o noso Concello, para a atención das mulleres maltratadas, dos seus fillos e doutras persoas que dependen delas.
Este acordo esténdese a todos os concellos da provincia, xa que establece unha reserva de dez prazas nos ditos servizos municipais para as mulleres vítimas da violencia de xénero de localidades pontevedresas distintas a Vigo.
A Deputación achegará para o cumprimento deste convenio un total de 100.217 euros, cantidade que incrementará nas sucesivas anualidades en función da suba do índice de prezos ao consumo. A achega servirá para subvencionar os gastos de mantemento do servizo de acollida (56.417 euros) e o custo das prazas reservadas (42.800 euros).
Pola súa parte, o Concello de Vigo comprométese a garantir o funcionamento permanente do servizo e a atención a todos os municipios da provincia. O Concello deberá publicitar nos municipios da provincia un teléfono de urxencia que funcione as 24 horas do día e atendido por persoal especializado.
Ademais, as mulleres que ingresen na casa de acollida procedentes dos concellos da provincia beneficiaranse dos servizos e recursos que o Concello de Vigo pon a disposición das vítimas da violencia de xénero co obxecto de prestarlles unha atención integral, como son o servizo de atención domiciliaria á infancia, diñeiro de peto para as que padecen unha situación económica precaria, bolsas de axuda á saída da muller da casa de acollida e medidas para a inserción no mercado laboral.
Poderán ingresar na casa de acollida as mulleres maltratadas física e psicolóxicamente, maiores de idade, con fillos ou sen eles, que poidan valerse por si mesmas e que denuncien o seu agresor. A permanencia no centro será, en principio, de tres meses, período que se poderá prorrogar.
As usuarias da casa de acollida terán prioridade para ingresar no piso tutelado, xa que esta é a última fase de atención ás mulleres maltratadas antes da súa inserción social e/ou laboral.
Para os ingresos, establécense dous tipos de procedementos: o ordinario e o de urxencia. O ingreso ordinario na casa de acollida solicitarase á Deputación mediante escrito do alcalde ou alcaldesa solicitante, acompañado do informe da traballadora social do
concello solicitante. A Deputación, unha vez oído o Concello de Vigo, disporá o ingreso con cargo ao convenio.
No caso de ingreso de urxencia poderá procederse mediante solicitude razoada, verbal ou escrita, dos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello solicitante ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM) de Vigo e, fóra do seu horario de atención, á dirección da Casa de Acollida. O CMIDM dará conta inmediatamente deste feito á Deputación, despois do cal se seguirá o proceso polo procedemento ordinario.
Tanto a Deputación como o Concello de Vigo e os outros concellos se comprometerán a velar pola confidencialidade das informacións que afecten á vida das mulleres maltratadas e dos seus fillos.
Descargar todas as imaxes