Xuventude organiza o seu XVII campamento urbano para nenos e nenas
A Concellería de Xuventude organiza, en colaboración coas asociacións xuvenís Abertal e Xentenova, o seu XVII campamento urbano, que se desenvolverá do 1 ao 12 de agosto baixo o lema de "A caixa de Pandora". Nel poden participar nenos e nenas de 8 a 14 anos.
A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, afirmou hoxe luns durante a presentación desta iniciativa que o campamento será un instrumento "de integración" para uns 400 nenos, "tamén para os que teñen discapacidades". Pola súa parte, o coordinador de Abertal, Santiago Fernández, dixo que a intención dos organizadores é "educar os cativos en principios de solidariedade, xenerosidade e convivencia".
Para iso, o campamento urbano ofreceralles aos nenos a posibilidade de coñecer mellor a súa cidade a través do xogo, xunto cunha serie de actividades para que aproveiten o verán divertíndose e aprendendo. Ademais, para que ninguén quede fóra por ter que estudar para setembro, o campamento terá horario de mañá (de 10:00 a 13:30) e de tarde (de 17:00 a 20:00). Coa excepción do mércores 3, o venres 5 e o mércores 10, días en que os cativos botarán todo o día fóra porque irán de excursión.
Polas mañás, os nenos xogarán aos "grandes xogos" en diversos puntos da cidade. Cada día, o xogo centrarase nun dos bens que saen da caixa de Pandora. Por exemplo, un dos "grandes xogos" é o da paz, no que os cativos simularán unha guerra que finalmente deberán solucionar dunha maneira pacífica.
Polas tardes, o tempo repartirase entre diversas actividades que terán o seu centro no pavillón das Travesas, pero que tamén se estenderán ás rúas, prazas e parques da cidade. Así, os participantes poderán aprender en diversos obradoiros, como o de cociña, ou xogando en equipo. Ademais, poderán xogar ao slot (o famoso "Scalextric"), terán á súa disposición unha ludoteca, e recibirán ensinanzas sobre artes escénicas.
O campamento complétase coa actividade "Coñecendo Vigo", a través da cal os nenos e nenas poden achegarse á súa cidade coa perspectiva do xogo. Deste xeito, desenvolverán a súa aptitude para a convivencia e enriquecerán a súa relación con Vigo e co seu contorno, xogando en rúas, prazas e parques, no Verbum, no zoolóxico, no Museo do Mar, ou en Liméns, na outra banda da ría.
O prazo para matricularse no campamento urbano está xa aberto. A documentación que se debe presentar é a seguinte: unha fotocopia do DNI do pai ou da nai, unha fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a, e dúas fotografías tamaño carné do neno/a. Para máis imformación, diríxanse a Abertal (Venezuela 3 baixo, tel. 986 225 662), Xentenova (Filipinas 6, tel. 986 110 298) ou á Casa da Xuventude (López Mora 31, tel. 986 294 806).
Descargar todas as imaxes