Escoitar

Corte de tráfico na rúa Uruguai

Unha sección da rúa Uruguai estará pechada ao tráfico dende o luns 4 de xullo e por un período aproximado de 3 meses por mor dunhas obras de humanización.

venres, 1 xul 2005
1120135511mapa.jpg
Por motivo das obras de humanización desta vía ponse en coñecemento do público que a rúa Uruguai estará pechada ao tráfico entre Cervantes e República Arxentina. O corte producirase o vindeiro luns 4 de xullo ás 8,00 horas da mañá e será por un período aproximado de 3 meses.

A través da rúa República Arxentina haberá un acceso exclusivo á rúa Uruguai para garaxes e parking.
Descargar todas as imaxes