martes, 28 xuñ 2005
O "Obradoiro de emprego "Vigozoo II", clausurouse na tarde do martes pola concelleira de Emporego, Lucía Molares. O obradoiro é un programa de formación-emprego promovido polo Concello de Vigo no marco do programa público de escolas obradoiro e obradoiros de emprego que cofinancian a Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e o Fondo Social Europeo.
martes, 28 xuñ 2005
A exposición "O Quixote: da letra á imaxe", pódese visitar desde hoxe, 28 de xuño, ata o próximo 29 de agosto. Nela abórdase a evolución visual e gráfica da obra cervantina.
martes, 28 xuñ 2005
A ría viguesa acollerá outro deporte náutico a partir do sábado 2 de xullo, a primeira proba puntuable da Liga ACT de Traiñeiras 2005. Esta liga formada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras leva funcionando 3 anos e esta é a primeira vez na que participa o Concello de Vigo. A proba comezará ás 6 da tarde e terá un percorrido de 3 millas.
martes, 28 xuñ 2005
A artista Carmen Lage expón na Casa Galega da Cultura "Síntese monocroma", unha mostra pictórica e fotográfica na que busca a depuración da linguaxe visual. Poderá visitarse do 29 de xuño ao 25 de xullo.