A Xunta de Goberno Local aproba un convenio coa asociación DOA para o tratamento psicosocial de enfermos mentais
En materia de Xuventude a Xunta aprobou tamén un convenio de colaboración co Plan Comunitario de Teis para o desenvolvemento de dúas actividades de carácter xuvenil no verán 2005.
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns deixou, entre outros temas, a aprobación do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de axuda ao enfermo mental DOA para a realización de actividades no seu centro de rehabilitación psicosocial e laboral por un importe de 6.000 euros. A Asociación DOA é unha entidade sen ánimo de lucro que trata de acabar coa discriminación e o aislamento que sofren os enfermos psíquicos, especialmente aqueles que padecen psicosis esquizofrénica, e os seus familiares. As accións que desenvolve esta asociación son, entre outras, actividades de rehabilitación psicosocial, laboral e familiar dos enfermos, xestión de pisos tutelados, apoio psicosocial a enfermos mentais, apoio ás familias... A eficacia destas accións é probada polo que a Xunta pensa que se debe continuar con elas.
Aínda no departamento de Benestar Social, a Xunta deu conta das dous addendas da prórroga do convenio entre a consellería de Sanidade e o Concello para o desenvolvemento dos programas e servizos de tratamento de drogodependencias para o ano 2005. A primeira addenda é de 221.791,79 euros e a segunda de 244.835,16 polo que o total queda en 466.626,95 euros.
O Grupo Filosófico Aletheia e o Concello de Vigo asinarán un convenio para a realización das XV Xornadas de Filosofía coa temática "A realidade humana: problemática actual da persoa". Estas xornadas celebraranse no Salón de Actos da fundación Caixa Galicia entre o 18 e o 21 de outubro, cun número limitado de 150 asistentes. O Concello aportará unha cantidade de 12.000 euros para a organización deste foro cultural.
Referente ao departamento de Xuventude, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Plan Comunitario de Teis para o desenvolvemento de actividades de carácter xuvenil ata xullo de 2005. En concreto o programa desenvolve dúas actividades: o verán de lecer, durante 5 días do mes de xuño, e o campamento urbano na primeira quincena de xullo. Este programa levarase a cabo nas instalacións do CEIP San Salvador de Teis, nos parques da Butarquiña e da Riouxa. O Plan Comunitario de Teis será o encargado de organizar as actividades, facer as contratacións de monitores, adquirir os materiais necesarios, contratar os seguros, etc. A concellería de Xuventude contribúe cunha suma de 10.000 euros.