O Plan Local de Drogas aboga polos programas preventivos permanentes
O Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo, súmase á celebración ,o domingo 26, do "Día Internacional da loita contra a droga" abogando pola necesidade de que os programas preventivos teñan unha duración permanente para que "poidan de verdade ser e ter impacto na xuventude e na infancia".
O 26 de xuño é o Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Este día, establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1987, serve para lembra-lo obxectivo convenido polos Estados Membros, de crear unha sociedade internacional na que non se usen indebidamente as drogas.
Os colectivos que conforman o Plan Local de Vigo consideran que é necesario promover estratexias adecuadas de prevención como única forma de combati-lo problema das adiccións entre nenos e xoves; do contrario, ningunha política de Estado nesta materia será suficiente.
A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (ONUDD) selecciona cada ano un tema para o Día Internacional e lanza una campaña anual para sensibilizar á opinión pública sobre o problema mundial da droga. O tema para 2005 é "Valórate ... opta polo san".
Valórate...
A campaña de loita contra a droga correspondente a 2005 céntrase nos adolescentes e os adultos xoves, grupo especialmente vulnerable ó uso indebido de drogas.
... opta polo san
Levar unha vida sá esixe optar por posibilidades que respeten o corpo e a mente. Para tomar esas decisións, os xoves necesitan orientación dos seus pais, os seus mestres e outros modelos que deben alentalos a que opten por actividades sans.