3 edificios de Navia xa teñen licencias de primeira ocupación
Os permisos chegaron hoxe xoves á xerencia de Urbanismo e afectan a 624 vivendas, rematando o proceso administrativo previo á súa habitabilidade.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que se reuniu hoxe xoves en sesión ordinaria deu conta por unanimidade de todos os puntos presentados na orde do día con excepción do punto quinto que trataba sobre a contratación de asistencia técnica para a actualización cartográfica. Este punto foi retirado despois da suxerencia do concelleiro do BNG Xavier Toba que instou a establecer un prazo de garantía no prego de condicións.
Fóra da orde do día o xerente de Urbanismo comentou que xa tiñan as 4 licencias de primeira ocupación das obras de urbanización das parcelas de navia. Estas licencias, que son para 3 edificios e afectan a 624 vivendas supoñen a culminación do proceso administrativo para facer habitables ditas vivendas segundo o compromiso do Goberno.
Descargar todas as imaxes