Escoitar

Muller organiza charlas sobre igualdade para o alumnado de 4º da ESO

A Concellaría da Muller continuando coa liña desenvolvida durante os últimos anos de enviarlles aos centros de ensino materiais coeducativos co fin de promover a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e contribuír a sentar as bases dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todos/as, organiza unha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO.

mércores, 22 xuñ 2005
A concelleira da Muller, Lucía Molares estará presente nas devanditas actividades. Para impartir a charla a Concellaría da Muller contará con profesionais de ensino con experiencia. Así, o día 23 de xuño ás 10,00 horas no auditorio municipal do Concello a charla estará a cargo da profesora Mercedes Oliveira Malvar, do "IES Alexandre Bóveda". Os institutos que participan son o IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Carlos Casares e IES Ricardo Mella.

O día 24 de xuño ás 10,00 horas , no IES "Valentín Paz Andrade" , a charla estará a cargo da monitora Luisa Abad Abad, orientadora no IES "Valentín Paz Andrade". Os institutos que participan son o IES Valentín Paz Andrade, IES Teis e IES Manoel Antonio

A selección deste curso foi valorada considerando que os alumnos e alumnas finalizan a súa escolarización obrigatoria e é un bo momento para que coñezan ou reforcen os coñecementos e diversa información sobre a igualdade entre homes e mulleres , a violencia de xénero e en definitiva o respecto e a tolerancia cara aos/ás outros/as.

Como agasallo, o alumnado que asista recibirá unha mochila/ bandoleira con diverso material relacionado co obxectivo da charla, folletos informativos sobre actividades de ocio e tempo libre.