Vigoarena levará ao Vao competicións deportivas de praia durante xullo e agosto
A praia do Vao será durante os meses de xullo e agosto o escenario onde se disputarán as competicións incluídas no programa deportivo do Concello Vigoarena 2005, entre as cales se contan o voley-praia, o fútbol-praia e o triatlón.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores a edición deste ano do programa deportivo de verán Vigoarena, que se celebrará na praia do Vao durante os meses de xullo e agosto. VigoArena 2005 inclúe diversas prácticas deportivas asociadas ao verán e á praia, como o voley-praia, o fútbol-praia e o tenis-praia.
Lucía Molares cualificou a praia do Vao de "contorno inmellorable" para facer deporte. A concelleira lembrou que as instalacións deportivas permanecerán abertas de luns a mércores para a práctica xeral do deporte, mentres que de xoves a domingo se disputarán as competicións das diversas modalidades do programa VigoArena 2005.
Como principais novidades, este ano terán lugar o I Trofeo de Baloncesto-praia e o I Trofeo Caixanova de Triatlón. Con respecto a este último deporte, a organización considera que o marco é perfecto para a súa disputa, xa que a conxunción de mar e montaña permite fixar un percorrido para os grandes especialistas do ciclismo, a carreira e a natación.
Estas iniciativas sumaranse a un conxunto de actividades deportivas que nace cunha intención clara de consolidarse. A organización, na que colaboran, xunto ao Concello, Caixanova, Faro de Vigo, Rodosa, Coca-Cola, Movistar e Telered, pretende lograr que se asocie a marca VigoArena a verán, organización, diversión e turismo.
En VigoArena 2005 apóstase pola consolidación das modelidades para praia de voley, tenis e rugby, sen esquecerse dos deportes estrela como o fútbol e o balonmán. Ademais, potenciaranse deportes menos coñecidos, como o foot-voley e o baloncesto. Tamén haberá lugar para os maiores, coa modalidade do cachibol.
Descargar todas as imaxes