Escoitar

Cultura presenta o libro "La arquitectura racionalista en Vigo"

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves e a directora da Fundación Caixa Galicia , Teresa Porto, presentaron o libro editado polo Concello "La arquitectura racionalista en Vigo".

mércores, 22 xuñ 2005
1119442722arquitectura.jpeg
A publicación repasa as edificacións existentes en Vigo do movemento arquitectónico racionalista na primeira metade do século pasado. A selección de obras que estructuran o contido de "La arquitectura racionalista en Vigo" abarca as edificacións que foron construídas na área urbana da cidade, existentes o xa desaparecidas, e que marcaron o seu desenvolvemento urbano.

A pretensión deste libro é, segundo o coordinador da publicación, o arquitecto José Luis Varela Alén, "tomar conciencia dun patrimonio que en parte aínda existe e que descoñecemos en maior ou menor medida".

Grazas ao gran número de recursos gráficos e documentais empregados na elaboración do libro, os interesados neste campo poderán redescubrir a repercusión desta vangarda en Galicia nunha época convulsa e decisiva para o seu futuro urbano e artístico.

O libro destaca a aproximación ao legado racionalista en Galicia unha novidosas achega, a visita ao interior de algúns destes edificios onde atopáronse ricos e xenerosos espacios comúns descoñecidos para a maioría e que demostran a calidade dunha arquitectura "moitas veces denostada simplemente por descoñecemento", subliña Varela Alén na introducción.

O contido do libro presentase dividido en sete apartados, segundo a situación do inmoble no mapa urbano da cidade (edificios entre medianeiras, en esquina e en cuarteirón) e segundo o uso da construcción (vivendas unifamiliares, edificios industriais, locais comercias e edificios de varios usos).
Descargar todas as imaxes