Asuntos Sociais porá en marcha a partir do 4 de xullo unha Escola de Verán para nenos
O Concello de Vigo, a través da Concellaría delegada da Área de Asuntos Sociais, pon en marcha, a partir do próximo 4 de xullo, unha Escola de Verán para nenos e nenas entre tres e doce anos, que se desenvolverá ata o 12 de agosto, de luns a venres e de 9:00 a 14:30.
Esta Escola de Verán terá como escenarios os colexios públicos Lope de Vega, Doutor Fleming e Ría de Vigo. O obxectivo xeral desta iniciativa é conseguir que os nenos e nenas o pasen ben apredendo e adquirindo capacidades, como a orde, o espírito de colaboración e un mellor nivel de inglés. A Escola de Verán inclúe seis grandes grupos de actividades.
Así, un primeiro grupo incluirá diversos obradoiros: informática, xogos en inglés, gomaespuma, malabares, globoflexia, carautas, zancos e medio natural. Dentro do grupo dedicado a deportes tradicionais, os participantes poderán escoller entre fútbol, baloncesto, balonbolea, hockey, béisbol e roteiros.
O grupo de deportes alternativos está formado polo aerobic, diabolo, indiaca, ultimate, quema, boomerang, paracaídas e xogos populares, como o do pano ou o das estatuas. Tamén se ofrece a posibilidade de participar en gimkanas (musicais, selva, Idade Media e países) e grandes xogos, como son o Rompetestas, o xogo da oca e o Trivial.
As actividades foron programadas por un equipo de pedagogos, animadores sociais e profesores de educación infantil. Cada monitor é un experto que se fará cargo dun grupo de 22 alumnos, co que está desde o principio ata o final do día.
Para inscribirse na Escola de Verán son necesarias unha fotocopia do Libro de Familia, unha fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou compañía de asistencia sanitaria e dúas fotografías de tamaño carnet por cada unha das quendas que se escollan (do 4 ao 15 de xullo, do 18 ao 29 de xullo e do 1 ao 12 de agosto). Tamén hai que ter o resgardo do ingreso na conta do colexio seleccionado. O prezo das actividades da Escola de Verán é de 76 euros por quenda. O da aula matinal é de 24 euros, mentres que inscribirse no comedor custa 42 euros. O prazo de inscrición acaba o 28 de xuño.
O Concello avisa o alumnado para que non leve material didáctico a esta Escola de Verán, nin tampouco xoguetes. Ademais, os nenos e nenas deben ir preparados para os xogos de auga, con bañador, toalla e chanclas. Para formalizar a matrícula, presentarase o resgardo de ingreso en conta, xunto coa ficha de inscrición, no centro escollido.