Escoitar

Os cen mellores coches "tuneados" de Europa estarán no Ifevi

O I Salón do automóbil Galiexpotuning acollerá un centenar de marcas expositores de Francia, España e Portugal, ademais dos mellores coches tuning do continente. O Ifevi disporá de 18.000 metros cadrados para a exposición, que contará ademais cunha festa e concursos paralelos.

xoves, 23 xuñ 2005
1119536525tun.jpg
O Instituto Ferial de Cotogrande de Vigo reunirá entre os días 1 e 3 de xullo os cen mellores coches tuning de Europa no primeiro salón de tuning da cidade, Galiexpotuning 2005. Nunha extensión de 18.000 metros cadrados xa cubertas polas marcas expositoras segundo a organización, un centenar de empresas de Francia, España e Portugal estarán presentes neste salón internacional que pretende converterse en referencia do noroeste peninsular.

A elección de Vigo como sede desta feira internacional ten que ver coa vinculación da cidade ao mundo da automoción e ao feito de que a súa área de influencia alcanza os 6 millóns de persoas incluíndo Asturias, León e o norte de Portugal.

Jorge Santos, representante do patrocinador Caixanova e Arsenio Prieto, xerente do Ifevi, destacaron a capacidade da cidade e do Ifevi para acoller eventos relacionados con novas tendencias emerxentes na sociedade, "un tipo de actividades das que tamén se ocupa Caixanova a través do seu Programa NX", dixo.

A organización do evento agarda a asistencia de máis de 70.000 visitantes, aínda que que Xavier Berenguer, responsable de Maxi Tuning, explicou que facer unha previsión é moi difícil, pero que lle consta que estas concentracións atraen a moita xente, tanto afeccionados, como neófitos.

O perfil do afeccionado ao tuning é un mozo de entre 18 e 30 anos, principalmente de sexo masculino aínda que as mulleres xogan cada día un papel máis destacado, dinámico, creativo, interesado polo mundo do automóbil, afeccionado aos deportes de competición e que inverte un grande porcentaxe do seu soldo no seu coche.

Actividades paralelas

Entre as actividades complementarias do salón destaca a presenza do I Maxituning on tour, auspiciado pola publicación máis importante do sector, Maxi Tuning, que chega a Vigo para organizar unha concentración á que acudirán máis de 500 vehículos de toda Europa, espectáculos, shows no escenario onde se mesturará música, coreografía, DJs, gogós, etc.

Galiexpotuning contará con dous concursos especiais para os seus visitantes, o Top 100, no que o público votará o seu coche favorito dunha selección de 100 vehículos e o concurso Car Audio SPL, no que se avaliará a potencia, calidade e son dos equipos de música dos automóbiles.
1119536525tun.jpg
1119536555ing.jpg
Descargar todas as imaxes