Escoitar

Lucía Molares presenta o Servizo de Voluntariado Europeo de Xuventude

A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, presentou o Servizo de Voluntariado Europeo de Xuventude. Este servizo, xestionado pola Asociación Xuvenil Abertal, pretende promover a participación dos mozos e mozas vigueses no "Programa Europeo de Xuventude".

xoves, 23 xuñ 2005
1119531198luci2306.jpeg
Entre os obxectivos do Servizo de Voluntariado Europeo de Xuventude, presentado hoxe xoves pola concelleira Lucía Molares, está o de satisfacer as necesidades dos voluntarios e das asociacións non gubernamentais nas áreas informativas, de elaboración e avaliación dos proxectos. Ademais, pretende informar e asesorar sobre o Programa Europeo de Xuventude a toda a mocidade viguesa e as súas asociacións xuvenís.

Por outra banda, desde a Concellería de Xuventude, xunto coa Asociación Xuvenil Abertal, xestiónase o envío de mozos e mozas que queiran participar nesta iniciativa. Así, na rolda de prensa de hoxe Lucía Molares presentou a Alberto Mogío, un mozo de 25 anos que marchará a Praga no próximo mes de xullo para botar alí un ano colaborando en actividades de conservación do Medio Ambiente. Reciprocamente, a Asociación Xuvenil Abertal acollerá aqueles mozos que queiran vir realizar aquí o seu labor de voluntariado.

Dentro do programa Xuventude diferencianse catro accións. A primeira, "Xuventude con Europa", subvenciona intercambios de curta duración de grupos de mozos de idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos. O "Servizo de Voluntariado Europeo" subvenciona a participación de mozos entre 18 e 25 anos nin servizo voluntario nun país membro do programa.

A terceira acción, "Iniciativas Xuvenís", promove proxectos que se realizarán nun ámbito local e para a propia comunidade local. Por último, as "Medidas de acompañamento" achegan apoio para desenvolver novos proxectos de Xuventude.

Lucía Molares asegurou que desde o Concello "queremos facilitar a orientación e o asesoramento para que os mozos e mozas poidan acceder a estes programas". Os proxectos incluídos neste programa non poden ter ánimo de lucro nin substituír un posto de traballo. A súa duración máxima é de 12 meses, período durante o cal o participante reciben aloxamento, diñeiro e formación lingüística, á parte doutras facilidades.
Descargar todas as imaxes