Prodigy, actuación estelar das Festas do Cristo da Victoria 2005
Esta edición das festas contará cun orzamento de 1.120.000 euros que servirán para traer a grupos como Prodigy, Rosendo, Amaral o Bebe. As festas pretenden chegar a todos os segmentos da sociedade ao contar con 14 programacións distintas e 112 actos que ocuparán case todos os días entre o 2 de xullo e o 20 de agosto.
O concelleiro Ignacio López Chaves presentou hoxe martes o programa de Festas do Cristo da Victoria 2005, que conta con 14 grupos de actividades e un total de 112 actos distribuídos entre o 2 de xullo e o 20 de agosto. Segundo o concelleiro, estas festas tratan de chegar a todos os segmentos da poboación, nenos, mozos e maiores, e por eso contan con 14 programacións diferentes de actos musicais, teatrais, de cine na rúa, festas gastronómicas, folclóricas, infantís, etc.
Os actos fortes do programa radican un ano mais nos Concertos de Castrelos, que este ano terán a Hombres G e El Canto del Loco (2 de xullo), a Coral Casablanca do Círculo Mercantil de Vigo e orquestra coa actuación ¡Zarzuela, sí! (23 de xullo), Prodigy e Deluxe (1 de agosto), Rosendo e Padre Jony (13 de agosto) e Amaral (20 de agosto).
Correspondentes ao VI Festival Para Vigo me voy, e tamén no Auditorio do parque de Castrelos haberá diferentes noites musicais entre o mércores 27 de xullo e o sábado 30: Bebe, Tío Calambres e Combo Linga (día 27)
Djavan e Timbalada (día 28)
Café Tacuba e Habana Blues (día 29)
Mariza, Sasha e La Chicana (día 30)
O Festival "Xovevigo" traerá á Praza do Rei, entre o 18 e o 23 de xullo, diversas actuacións destinadas á mocidade de grupos ben coñecidos en Vigo como Spina Fecunda, Kogito, Mirage, Dr Harapos ou o cantautor Samuel Levi.
Como recordou o concelleiro, as festas non só se basean nos concertos, senón tamén hai actividades destinadas a persoas con outras inquietudes, como o ciclo de cine ao aire libre "Realidade 2005", que terá lugar na praza do Rei entre o domingo 31 de xullo e o xoves 4 de agosto coa proxección de 5 películas a partir das 23 horas.
Destinado aos mais pequenos, haberá o programa infantil de verán V3: Vigo, verán, valores, que terá lugar entre o 22 e o 30 de xullo en diferentes barrios e parroquias da cidade. Obradoiros, xogos ou música serán os reclamos para que os cativos participen activamente en todas as iniciativas.
No capítulo do folclore haberá lugar para o XI Festival Folclórico Internacional que será entre o 15 e o 21 de xullo en diferentes barrios e parroquias e contará coa presenza de grupos de Bielorrusia, Costa Rica e Almendralejo (Extremadura), ademais de outros mais próximos. O venres 29 de xullo terá lugar a XV Mostra do traxe galego, organizada pola escola Municipal de Danza na praza do Berbés.
Aínda integrado no folclore haberá diferentes Festas Gastronómicas: A festa do mexillón, o 17 de xullo no Parque de Castrelos; a festa da sardiña, o 30 de xullo no monte da Guía; e a festa do polbo, o 14 de agosto no monte dos Pozos Valladares. E por último, o Ciclo de Concertos das Bandas de Música, entre o 16 e o 23 de xullo na praza da Estrela.
Os amantes da fotografía poderán participar na X edición do Maratón fotográfico, que terá lugar o 17 de xullo e consistirá na toma de imaxes en diferentes puntos da cidade. Haberá categorías para fotografía analóxica e dixital e premios por valor de 1.200 euros.
Por último, a praza da Estrela acollerá unha importante programación relacionada co teatro:
O VI Verán de Teatro, destinado a un público adulto e con obras onde predomina o humor, terán lugar na praza da Estrela entre o luns 18 e o venres 22 de xullo.
A XII Semana de Teatro en Familia, evidentemente con obras destinadas a un público mais variado. Será tamén na praza da Estrela entre o 1 e o 5 de agosto e haberá maioría de espectáculos de clowns, máscaras e pallasos.
O II Titirirrúa, destinado a toda a familia, consistirá en diferentes espectáculos de monicreques e "muppets". Será na praza da Estrela entre o 8 e o 12 de agosto.
Máis dun millón de euros
O orzamento co que contarán as Festas do Cristo da Victoria será de 1.120.000 euros, acadando unha cantidade de 340.000 euros de patrocinio. A actuación individual máis cara a do grupo Británico The Prodigy , que supón o evento estelar das festas, cun custo de 172.000 euros. Son salientables o custo da actuación dobre do próximo sábado día 2 de xullo de Hombres G e o Canto del Loco con 162.000 euros aproximadamente e o prezo total do programa "Para Vigo me voy", que roldou os 280.000 euros.
Descargar todas as imaxes