Carmen Lage busca unha linguaxe depurada na Casa Galega da Cultura
A artista Carmen Lage expón na Casa Galega da Cultura "Síntese monocroma", unha mostra pictórica e fotográfica na que busca a depuración da linguaxe visual. Poderá visitarse do 29 de xuño ao 25 de xullo.
A Casa Galega da Cultura acolle a partir de mañá, mércores 29 de xuño, a exposición "Síntese monocroma", de Carmen Lage. Esta mostra preséntase mediante dous soportes artísticos: o pictórico (técnica mixta/madeira) e o fotográfico (técnica dixital/papel), entre os cales se establece un diálogo contemplador-contemplado.
O proceso creativo deste proxecto parte de consideracións puramente formais. A convicción de que a imaxe ten unha linguaxe inesgotable e que calquera traducción en conceptos é incapaz de substituír ese exceso de significado, provoca unha investigación que, de partida, persegue unha síntese formal, unha linguaxe depurada, sen tese.
Para explicar este "exceso de linguaxe" no campo visual, Carmen Lage di que "cando pos os cadros nas paredes do taller comezan a falar". A artista considera que hoxe en día "apreciamos pouco o silencio, a contemplación, o vacío, o azar". No entanto, ninguén pregunta que significa a música. Segundo Carmen Lage, "a superficie monocroma é unha metáfora que aparece releta de significado. A cor é a pel do cadro". E a pel, como dixo Paul Valéry, é "o máis profundo".
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, dixo que "Síntese monocroma demostra que "Vigo é unha cidade aberta, na que hai xente titulada en Belas Artes que mostra o seu bo facer. Ignacio López-Chaves asegurou que "os artistas novos saben que o Concello pon á súa disposición unha sala na Casa Galega da Cultura".
"Síntese monocroma" inaugúrase mañá ás 20:00 na Sala de Exposicións da Casa Galega da Cultura. No acto presentaranse as pezas de audio e vídeo "Un son no silencio" e "Unha mirada, un instante", realizadas para a exposición polos autores Minúsculo e d-rndm.
A mostra poderase visitar ata o 25 de xullo. De luns a venres, das 18:00 ás 21:30; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Descargar todas as imaxes