Escoitar

Clausura do proxecto "Obradoiro de Emprego Vigozoo II"

O "Obradoiro de emprego "Vigozoo II", clausurouse na tarde do martes pola concelleira de Emporego, Lucía Molares. O obradoiro é un programa de formación-emprego promovido polo Concello de Vigo no marco do programa público de escolas obradoiro e obradoiros de emprego que cofinancian a Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e o Fondo Social Europeo.

martes, 28 xuñ 2005
1119962271empregozoo1.jpeg
Dende xuño de 2004, corenta e cinco alumnos e alumnas traballadores maiores de 25 anos que estaban desempregados, desenvolven, repartidos nas especialidades de carpintaría, construcción e xardinería e co apoio dos respectivos expertos-docentes e demais persoal de xestión e administración, un ambicioso proxecto que nestas datas remata as súas actividades.

Como elementos máis sobranceiros do conxunto de obras realizadas por este obradoiro, destacan os seguintes:

- EMPEDRADO GRANITICO DA ENTRADA DO ZOO
Traballos realizados polo módulo de construcción.

- ACONDICIONAMENTO DA CASETA E RECINTO DE PONIS
Traballos realizados polos módulos de carpintaría e xardinería.

- REALIZACIÓN DE CAMIÑOS E PARTERRES
Traballos realizados polo módulo de xardinería.

- CONSTRUCCIÓN DE INVERNADOIRO E REMODELACIÓN DO CONTORNO
Traballos realizados polos módulos de carpintaria e xardinería.

- EDIFICACIÓN DE NOVO AULARIO
Traballos realizado polos módulos de construcción e carpintaría. Os acabados serán executados polo Organismo Autónomo Local Vigozoo ou, de ser posible, por un novo Obradoiro de Emprego previsto solicitar.

- SOPORTES DE SEÑALECTICA
Traballos realizados polo módulo de carpintaria.

- MANTEMENTO E NOVA CREACIÓN DE BANCOS E PAPELEIRAS
Traballos realizados polo módulo de carpintaria.
1119962271empregozoo1.jpeg
1119962291empregozoo2.jpeg
Descargar todas as imaxes