Activos dos exércitos de Mar e Aire farán exhibicións en Vigo o 10 de xullo
Unha xura de bandeira a cargo dos alumnos das Escolas de Formación de Mariñería Escaño e Esengra con motivo da visita do Buque Escola Juan Sebastián Elcano e unha exhibición aérea na praia de Samil na que participarán a Patrulla acrobática, apagafogos, paracaidista e a Patrulla Águila.
Coincidindo coa escala en Vigo do Buque Escola "Juan Sebastián Elcano" e dentro dos actos preliminares da Volvo Ocean Race, o próximo domingo 10 de xullo celebrarase unha "Xura de bandeira" no peirao de Trasatlánticos a cargo dos alumnos das Escolas de Formación de Mariñería Escaño e Esengra. No acto, o persoal civil que o desexe poderá renovar o xuramento, así como quen non o fixera nunca, polo que se invitará a todo o persoal da institución, tanto masculino como femenino, a participar do acto.
Todo o persoal das Escolas de Formación de Mariñería que posúan embarcación, poderán saír á mar o sábado 9 de xullo sobre as 8,15 horas da mañá para recibir ao buque "Juan Sebastián Elcano", e igualmente estarán invitados a facer o propio o luns 11 de xullo para a despedida do buque escola.
Exhibición aérea
O departamento de Cultura do Concello de Vigo organiza, en colaboración co Club Aéreo de Vigo, un Festival Aéreo que terá lugar o mesmo domingo 10 de xullo, na praia de Samil, a partir das 11,30 horas, coa participación dos seguintes elementos:
1. Avións apagafogos "Canadiar" do Exército do Aire.
2. Patrulla acrobática paracaidista EADA.
3. Avión F18
4. Patrulla Águila