Escoitar

Muller participa nun encontro internacional en Florencia

A concelleira de Muller, Lucía Molares, participa en Florencia nun encontro internacional cos socios do proxecto transnacional URB-AL "Centros Locais da cidadanía activa das mulleres", que se celebrará os días 30 de xuño e 1 de xullo.

mércores, 29 xuñ 2005
As cidades socias do proxecto, ademais do Concello de Vigo a través do departamento da Muller, son Sao Paulo ( Brasil), Montevideo ( Uruguai), Rosario (Arxentina) e Florencia (rexión Toscana de Italia).

Neste encontro as socias compartirán as boas prácticas en materia de política de igualdade de oportunidades. A vixencia do proxecto é de dous anos: de novembro de 2004 a novembro de 2006.

O proxecto URB-AL ten entre os seus obxectivos o establecemento de redes de cooperación internacional. Desde a Consellería da Muller saliéntase a importancia das xuntanzas dos seus socios. A primeira destas reunións tivo lugar en Sao Paulo e a segunda en Vigo, en maio de 2003. Estes encontros permitiron un intercambio de experiencias e favoreceron o desenvolvemento de políticas públicas locais.

Tamén dentro desta iniciativa, a Concellería da Muller particicou xunto coa Coordinadora de Mulleres contra a violencia "Ovarias" no proxecto "Emprego e cidadanía activa das mulleres".

A experiencia piloto consistiu capacitar un grupo de mulleres víctimas da violencia para a creación dunha empresa de economía social. Esta experiencia levárona a cabo sete mulleres pertencentes á asociación "Ovarias", que foron formadas nas habilidades para o traballo en grupo, a atención e coidado das persoas maiores e da poboación infantil, os coidados médicos, os primeiros auxilios e a formación e asesoramento empresarial.