Escoitar

Inauguración da exposición "Falando da Estampa. Unha colección de obra gráfica internacional"

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, asiste á inauguración da exposición "Falando da Estampa. Unha colección de obra gráfica internacional", que se poderá visitar do 30 de xuño ao 4 de setembro na sala da Fundación Caixa Galicia. A exposición é unha escolma de pezas de altísima calidade dunha das pinacotecas privadas máis importantes de gravado contemporáneo, a de José María Cabra de Luna.

mércores, 29 xuñ 2005
1120046088falando.jpg
Da colección Cabra de Luna, que reúne un notable repertorio dos máis grandes nomes da arte contemporánea, o comisario da mostra seleccionou para esta exposición aquelas obras que xiran arredor do plano vivo, da superficie sobre a que se constrúe o obxecto artístico.

Ademais, en cada unha das obras expostas, os elementos ordenados sobre o plano están construídos co que na linguaxe pictórica se denominan cores planas, é dicir, aplicadas uniformemente, sen tonalidades nin degradados.

Por último, no caso das liñas, os autores seleccionados nesta exposición non utilizaron en ningún caso recursos pictóricos que puidesen dar unha ilusión de tridimensionalidade, senón que recorreron á ordenación de liñas puras sobre a superficie para conseguir tal efecto.
Descargar todas as imaxes