Escoitar
O último milleiro de entradas para o primeiro concerto das Festas Do Cristo poden adquirirse en Caixanova e na Central de Espectáculos de Vigo

"Hombres G e El Canto del Loco" recuperan o espíritu Castrelos, con cheo asegurado o sábado

Hombres G e El Canto del Loco encherán o Auditorio de Castrelos o próximo sábado, no primeiro concerto do programas das Festas Do Cristo 2005, organizadas pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural.

xoves, 30 xuñ 2005
1120128924cartelfiestas.jpg
As derradeiras 1000 entradas poden adquirirse en Caixanova, no teléfono 902 504 500, www.caixanova.es ou ben na Central de Espectáculos, situada na rúa Velázquez Moreno, nº26, ou no teléfono 986 435 410.

O concerto promete ser un espectáculo que non deixará indiferentes ós fans de ámbolos dous grupos. En total puxeronse á venda 4.000 entradas cun prezo de venda anticipada de 12 euros e de 15 euros en taquilla. Deste xeito, e a pesares de que a estes dous grupos os separan máis de dúas xeracións, "Hombres G" e "El Canto del Loco" subirán ó escenario para facer disfrutar ó público e amosar a química que lles une. Xuntos crearán un espectáculo que vai máis lonxe que o simple feito de compartir auditorio.

Hombres G e El Canto del Loco teñen proxectos similares xa que os primeiros están de xira para presentar o seu último traballo e os segundos editarán un novo disco este verán.
Descargar todas as imaxes