Vigozoo convoca un concurso de cómics
Vigozoo presenta o primeiro concurso de cómics dirixido ao público que visitará as instalacións durante este verán co obxectivo de promover o zoo e as actividades que nel se realizan.
Os traballos deberán estar relacionados con Vigozoo implicitamente. A extensión será libre e será apto calquera formato, dende a tira cómica ata o cómic (banda deseñada) de longa extensión.Os traballos deberán ser inéditos e non puideron participar en calquera outro concurso ou certame. Establecense catro categorías: de 8 a 10 anos, de 11 a 13, de 14 a 18 e maiores de 18 anos.
A técnica de realización será enteiramente libre (lapis, tinta, grafito, colaxe, relevo, ilustración dixital, etc.). Cada concursante poderá presentar un só traballo e o entregará nas instalacións de vigozoo en sobre pechado tamaño folio, indicando o seu título e un pseudónimo do autor. Ademais deberán cubrir na ficha de inscrición (título real do cómic, o seu nome, dirección postal, teléfono de contacto e o nº do DNI.)
O prazo de entrega das obras será dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto. O xurado estará composto por distinto persoal de vigozoo e valorará as obras tendo en conta os aspectos de creatividade e de relación co tema proposto.
O fallo do concurso será inapelable e farase público o 15 de setembro de 2005 e comunicarase individualmente aos premiados. Dentro de cada categoría de idade haberá tres premios (1º, 2º y 3º).
As obras quedarán en poder de vigozoo, cedendo os participantes tódolos dereitos de imaxe relacionados con ditos cómics, a efectos publicitarios, divulgativos, promocionais, etc., e aceptando como única contraprestación os premios que, eventualmente poidan obter.
Descargar todas as imaxes