A Xunta de Goberno solicita as axudas de "Emerxencia Social" para familias con problemas de vivenda
A Xunta de Goberno Local acordou a participación do Concello na convocatoria da Deputación Provincial de Pontevedra para as axudas de "Emerxencia Social". Estas axudas están destinadas a familias con problemas de tipo socioeconómico para o acondicionamento de vivendas.
Polo mesmo acordo, tomado na súa reunión do luns, a Xunta de Goberno Local acepta as bases para as axudas, recollidas no BOP nº72 de 15 de abril de 2005. Así mesmo, decidiuse que a cantidade que o Concello deberá achegar para a realización destas axudas será de 14.404,61 euros.
No que atinxe á área de Deportes, a orde do día contiña dúas solicitudes que resultaron aprobadas. A primeira é a da empresa Delfín Group, pola que se demanda autorización para realizar a actividade lúdica "Ensuciarse es bueno" na praia de Samil, os días 9 e 10 de xullo.
Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, está patrocinada por unha empresa de deterxentes e consta de diferentes xogos, entre eles un circuíto de equilibrios, esquí sobre area, carreira de sacos e big-vollei.
A outra solicitude aprobada é a da empresa Evento Global, que pedía autorización para instalar o estadio Vigo Arena na praia do Vao para desenvolver actividades deportivas durante os meses de xullo e agosto.
Estas actividades son as seguintes: o Campionato Galego de Volei-praia, o Circuíto Nacional de Fútbol-praia, o VII Cidade de Vigo de Balonmán-praia, o III Cidade de Vigo de Volei-praia, o III Trofeo de Futvolei, o Torneo de Tenis-praia, o II Cidade de Vigo de Rugbi-praia, o I Cidade de Vigo de Basquet-praia e o I Triatlón Vigo Arena.
Por último, no apartado de Persoal, a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases de selección que rexerán a provisión do posto vacante de Interventor Xeral, polo sistema de libre designación.
Descargar todas as imaxes