As artes e as matemáticas centran os talleres didácticos do Marco
O MARCO inicia os talleres didácticos de verán co título “Arte e matemáticas” que se desenvolverá ata o 17 de setembro de martes a sábados de 12 a 14:00 horas.
Os talleres son unha proposta educativa e participativa centrada na relación das matemáticas, e máis concretamente da xeometría, coa arte e co noso contorno, relacionando dúas materias do currículo escolar aparentemente afastadas pero que teñen moitas cousas en común.
O proxecto baséase en diversos aspectos da xeometría que teñen relación coa arte e o xogo, especialmente a visión espacial e a percepción das formas, que relacionan directamente as dúas áreas de traballo.
Acompañados por educadores do museo, os rapaces realizan diversas actividades adaptadas ao seu grupo de idade. As persoas acompañantes poden participar no taller, ou ben deixar aos pequenos cos educadores e aproveitar ese tempo dentro ou fóra do museo, deixando os datos para a súa localización.
Dependendo da programación dese día e do número de participantes, algunhas das actividades poden incluír visitas ás salas de exposición do museo.