Gran Festa da Petanca
A concellería de Deportes organiza para os próximos días 9 e 10 de xullo a Gran Festa da Petanca que se celebrará no campo de fútbol da Bouza.
A modalidade da competición é tripletas cunha única categoría ( seniors, feminina, xuvenil e mixtas). Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. A inscrición , que remata o 4 de xullo, será libre e gratuíta. Tamén poderá facerse a través de clubs, centros da terceira idade, asociacións de veciños, de mulleres, xuvenís,colexios.
Posteriormente á data de inscrición , só admitiranse equipos en caso de cadros incompletos e poderán realizarse nos seguintes centros: Concellería de Distrito (tf: 986 810 301); Federación de Peñas recreativas El Olivo (tf: 986 237 778) e A.VV. Cristo da Victoria (tf: 986 233 093).
A competición comezará ás 10 horas do sábado día 9 de xullo ata as 13.30 horas, reanudandose ás 16:30 horas ata as 21:30 horas. O 10 de xullo comezo ás 9 horas ata ás 14 horas, reinicio as 16:30 horas ata o remate do campionato.
Sistema de xogo
Primeira fase. Grupos de dez equipos que xogarán por sistema de liga clasificándose para a segunda fase o 1º e 2º para o torneo principal, 3º e 4º para o torneo de consolación e do 5º ao 10º para o torneo complementario.
Segunda fase. Nos torneos principal e de consolación xogarán seis equipos por sistema de liga, clasificándose para a terceira fase os dous primeiros de cada grupo. No torneo de complementaria xogarase en grupos de catro equipos clasificándose exclusivamente o primeiro de cada grupo.
Terceira fase. Cos clasificados de cada categoría da competición xogarase por eliminatorias directas a 13 tantos.
O sistema de xogo. Durante todo o campionato será por tempo e só rematarán aquelas confrontacións onde un dos equipos consiga 13 tantos antes do tempo establecido pola organización.
Premios
Repartiranse premios en material deportivo por un valor aproximado de entre 200€ ata 100€.
Descargar todas as imaxes