Tres millóns de euros de investimento na obras da estrada Calvario-A Garrida
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, visitaron esta mañá as obras rematadas de urbanización da zona Pedra e Lameiro, na estrada provincial Calvario-A Garrida.
As obras , cun investimento total de 583.043,20 € , consistiron no ensanche da explanación, traballos de fábrica, drenaxe, beirarrúas, pavimentos, alumeado, sinalización e canalizacións.
A Deputación está a realizar ademais obras na mesma estrada provincial Calvario-A Garrida nos tramos Mosteiro- Mourelle; camiño de Presas-Igrexa de Beade; río Lagares- antiga estrada nacional 120 ; Sobreira e Martínez Garrido-antiga estrada nacional 120. As obras consisten na mellora de pavimento e dotación de servicios. Concretamente estanse a facer beirarrúas, rede de pluviais e de abastecemento, alumeado público, traslado de peches, sinalización e balizamento.
Investimentos
As obras do tramo Mosteiro-Mourelle contan cun investimento de 533.863,93 €
O tramo camiño de Presas-Igrexa de Beade ten un presuposto de obra de 389.401,74 € A inversión das obras do tramo Río Lagares- Antiga C.N. 120 é de 498.680 € ; e a do tramo Martínez Garrido-Antiga C.N.120 é de 418.271,27 euros.
O maior investimento é para as obras que se están a acometer no lugar de Sobreira cunha cantidade que ascende a 1.089.321,01 euros. Estas obras consisten en dotar de servicios urbanísticos e mellora de firme da actual estrada. Dada a cantidade de edificacións nas marxes, ampliarase a actual plataforma a 12,00 m que se distribuirá nunha calzada de 8,40m e de beirarrúas a ambos lados de 1,80 m de ancho. No tramo final, que non leva beirarrúas, a plataforma tamén será de 12,00 m, distribuídos en dous carrís de 3,50 m, arcenes pavimentados de 1,00 m e bermas de 1,50 m de ancho.
O total de inversión para toda a obra da estrada Calvario- A Garrida ascende a 2.930.121,13 euros.