Escoitar

Balaídos acollerá O "Cidade de Vigo" de Atletismo en Pista o 12 de xullo

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores o XXVI Trofeo "Cidade de Vigo" de Atletismo en Pista, que se disputará o próximo martes 12 de xullo a partir das 20:00 no Estadio Municipal de Balaídos.

mércores, 6 xul 2005
1120652399atleti0607.jpg
O Trofeo, organizado pola delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo e patrocinado polo Concello, quere ser unha homenaxe ao atleta Carlos Adán, a quen Lucía Molares describiu como "unha persoa sinxela que segue próxima aos deportistas", e cuxos maiores logros son ter participado 11 veces nos Campionatos de Mundo de Cross e en cico Campionatos de Europa da mesma modalidade.

Lucía Molares salientou a importancia de que un torneo como este se celebre na nosa cidade, xa que o atletismo, dixo, é un campo no que "Vigo ten destacado", e aínda que agora a situación está "ben", podería estar mellor. A concelleira asegurou que o Concello "segue na liña de mellorar a cobertura das grandes figuras deportivas".

As distintas probas que se disputarán neste Trofeo terán unhas marcas mínimas que os participantes deberán ter logrado na presente temporada. A recepción de inscricións cerrarase 30 minutos antes da hora sinalada para o comezo de cada proba. O gañador de cada proba recibirá un trofeo e 100 euros, o segundo obterá 72 euros e o terceiro, 50 euros.

Entre os participantes destacados deste Gran Premio están a neocelandesa Valeri Vili, o castelán-leonés Manuel Martínez, os lanzadores de xabalina do Puma Chapín Xerez Gustavo Dacal e Raimundo Fernández, o celtista David Gómez, o xamaicano Fisher Daverroe McIntosh e a lanzadora de peso galega Mercedes de Santalo Ossorio.
Descargar todas as imaxes