Entrega de diplomas dos cursos de formación ocupacional
A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares, entregou na mañá do mércores os diplomas ás 55 persoas que asistiron aos cursos de formación profesional ocupacional , que desenvolveu a concellería no marco do programa de cursos do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.
As especialidades dos cursos de formación foron de “Ofimática” de 134 horas de duración; “Iniciación á rede internet” de 69 horas de duración; “Alfabetización informática:internet” de 19 horas e de “Alfabetización informática:informática e internet” de 34 horas de duración.
Plan municipal de emprego 2004-2007, aprobado, por unanimidade, polo Pleno municipal do Concello de Vigo, na súa sesión do 26 de xaneiro de 2004, consiste nunha ampla batería de programas interrelacionados, que abranguen a totalidade do proceso de busca de emprego, facendo un especial esforzo de financiamento nas accións necesarias para acadar obxectivos máis ambiciosos que os obtidos a través da aplicación exclusiva dos programas e subvencións que outras administracións públicas dedican ó emprego na cidade de Vigo.
A formación ocupacional é outra opción fóra do sistema educativo formal ("formación non regulada") que che permite adquirir coñecementos para unha cualificación concreta ou ben para completar as competencias relacionadas co teu obxectivo profesional.