Escoitar

Castrelos acolle unha exposición do santuario de Donón

A sala de arqueoloxía do Museo Municipal Quiñones de León albergará unha exposición sobre as aras do santuario de Donón co título “Para o deus Berobreo” que se poderá visitar desde o 7 de xullo ao 1 de outubro.

mércores, 6 xul 2005
1120653010fachocarro.jpg
Transporte de aras no carro de Serafín Costas
A exposición que se inaugura ás 12 horas do xoves, día 7, recolle en sete salas unha explicación sobre as aras atopadas no Facho de Donón. No descorrer da exposición o visitante coñecerá os relatos de cómo foron encontradas as primeiras aras e a transcendencia que esta achado tivo nos medios científicos e de comunicación en xeral.

Tamén ofrécese unha visión inédita da colección das aras do Museo e a súa traxectoria desde o santuario ao museo. No Facho de Donón (Cangas do Morrazo) existiu en épocas romanas ( século III d.C.) un importante santuario que constitúe un exemplo único no mundo. A primeira proba da súa existencia son as aras conservadas no Museo Municipal de Vigo.

Unha ara é o nome latino do altar, onde habitualmente se realiza o sacrificio simbólico ou libación que é a acción de verter un líquido (viño, aceite ou leite) en ofrenda a unha divindade. As ofrendas realízanse nun pequeno oco (focus). As aras poden ser en si mesmas unha ofrenda.

Paralelamente á exposición está prevista a realización de visitas guiadas ao xacemento arqueolóxico en Donón, durante o período completo da exposición. As persoas interesadas deberán consultar no museo horarios e condicións de acceso a estas visitas. Facilitarase máis información nos teléfonos 986 295 070 / 295 075 e na páxina web www.museodevigo.org
1120653010fachocarro.jpg
1120653101aralogo.JPG
Descargar todas as imaxes