Escoitar

Obradoiro de xogos e biblioteca no Verbum

O Verbum continua esta fin de semana coas actividades de dinamización do museo co título “Obradoiro de Xogos” e visitas guiadas para familias, dentro dos acordos do convenio asinado entre a concellería de Cultura e a Universidade. O museo habilitou tamén un espacio como biblioteca.

venres, 8 xul 2005
1120843716verbum.jpg
Verbum-Casa das Palabras
"Obradoiro de Xogos" é unha experiencia de xogo educativo nun espazo particularmente apto para a aprendizaxe. Os nenos e nas teñen a oportunidade de aprender xogando sobre a linguaxe e outros temas relacionados coa comunidade, sempre dirixidos por dúas especialistas en lingüística.

O obradoiro va dirixidos aos menores de idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos e se realizan os martes, mércores, xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas; sábados de 11:00 a 14:00 horas e domingos de 18:00 a 21:00 horas.

Biblioteca

Por outra banda, o museo habilitou un espacio como Biblioteca, aberto a tódolos públicos, para lectura e préstamo de libros. Este servizo prestase en colaboración coa Biblioteca Central de Vigo.
Descargar todas as imaxes