Convocatoria para o 2005 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas"
<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 13/06/05, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2005 do "programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007, as cales foron públicadas no Boletín Oficial da Provincia de data 7 de xullo de 2005.
OBXECTO
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, constituídas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituídas no período comprendido entre o 1 de xuño de 2004 e o 31 de maio de 2005 que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes vai dende a data de publicación no BOP ata o 31 de agosto de 2005. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego.
INFORMACIÓN
Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego. Praza do Rei s/n (4ª planta).
Teléfono: 986 81 02 32; Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Tanto as bases reguladoras destas axudas como os anexos que ten que presentar o/a solicitante, estarán a súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellaría de desenvolvemento Local e Emprego e na súa páxina web:
http://emprego.vigo.org