O buque escola da Armada "Juan Sebastián de Elcano" visita Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, ofreceu hoxe venres unha rolda de prensa xunto co comandante de Marina Tomás Nodar e o regatista Pedro Campos para dar conta dos actos previstos para o sábado, o domingo e o luns con motivo da visita a Vigo do buque escola da Armada Española "Juan Sebastián de Elcano".
O "Juan Sebastián de Elcano" atracará na terminal de trasatlánticos do porto de Vigo o mañá sábado 9 de xullo ás 08:30. Durante a súa permanecia na cidade poderá ser visitado dentro dun horario aínda por comunicar.
O sábado ás 12:00, a alcaldesa recibirá nas dependencias do Concello o comandante do "Elcano", Luis Cayetano Garrido, acompañado do comandante de Marina Tomás Nodar e do director da Escola de Especialidades "Antonio de Escaño" de Ferrol, Luis Eduardo Navia. Corina Porro entregará unha metopa ao comandante do "Elcano" e uns libros de Vigo aos acompañantes.
Ás 12:30, na cuberta do "Elcano", o comandante do buque, acompañado do almirante de Acción Marítima Mario Sánchez-Barriga, o comandante de Marina Tomás Nodar, e en presenza da alcaldesa de Vigo, fara entrega ao patrón do barco do "Telefónica Movistar", Pedro Campos, dunha bandeira española de iate cunha coroa real, que lucirá o barco español durante a travesía da regata. A seguir Pedro Campos dará as grazas e dirixirase ao "Telefónica" para que, unha vez situado o barco en paralelo co "Elcano", izar a bandeira.
No propio buque-escola, ás 14:00, terá lugar un almorzo ao que asistirán Corina Porro, o presidente da Xunta, Manuel Fraga e outras autoridades militares e civís. Xa ás 20:30, a cuberta do "Elcano" será escenario dunha recepción á que asistirán as autoridades militares e civís locais e provinciais.
O domingo 10 de xullo, ás 12:00, coincidindo coa escala do "Elcano" en Vigo, celebrarase a xura de bandeira dos compoñentes do 4º e 5º ciclo de 2005 de mariñeiros das Escolas de Especialidades da Graña e "Antonio de Escaño" de Ferrol.
O último acto oficial desta serie será unha recepción, o luns 11 a partir das 13:00 en Castrelos, na que o Concello de Vigo lle entregará ao comandante do buque unha placa conmemorativa da súa escala na nosa cidade, e tamén como preámbulo á saída da Copa ao Mundo de Vela. Ese mesmo día, o "Elcano" partirá do porto de Vigo con destino a Sanxenxo.
Corina Porro dixo que con estes actos, o Concello quere colaborar a facer de Vigo "unha festa-homenaxe ao mar durante todo o ano". Pola súa parte, o comandante de Marina Tomás Nodar expresou o seu desexo de que "os vigueses se decaten de que están representados neste barco (o "Elcano"), que é un anaco de España".
Este bergantín-goleta, baixo o mando do capitán de navío Luis Cayetano y Garrido, está realizando o seu LXXXVI cruceiro de instrucción con 39 gardas marinas de segundo (alumnos de 4º curso) a bordo. Partiu do porto de Cádiz o pasado 9 de xaneiro e dará por finalizado este cruceiro coa chegada a Marín o próximo mércores 13 de xullo. Durante o cruceiro visitou os portos de Las Palmas de Gran Canaria, Salvador de Bahía (Brasil), Santo Domingo (República Dominicana), Veracuz (México), Galveston, Miami e Nova Iorque (Estados Unidos), Halifax (Canadá), Le Havre (Francia), Gotteborg (Suecia) e Kiel (Alemaña).