Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 8 xul 2005
Asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que celebra o luns, día 11, ás 8:30 horas.

1.- Acta da sesión ordinaria do 13, extraordinaria do 17 e ordinaria do 20 de xuño de 2005.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 308/200 interposto por Dª INMACULADA LÓPEZ FERNÁNDEZ contra desestimación de recurso de reposición interposto contra sanción de tráfico (Expte. 1030836268).Estimado.

3.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 341/2004 interposto por D. PABLO DOFORNO GARCÍA contra desestimación de recurso de reposición interposto contra sanción de tráfico (Expte. 1040941299). Desestimado.

4.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 297/04 interposto por Dª CARLOS BUENO REY contra desestimación de recurso de reposición interposto contra sanción de tráfico. Prescrito.

5.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 337/2004 interposto por Dª IBERPLAS, S.L. contra sanción de tráfico (Expte.1039891807). Desestimado.

6.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 294/2004 interposto por CAJASUR RENTING, S.A. contra desestimación de rec. reposición interposto pola Sra. Fernández Vales, en representación de Cajasur Renting, S.A. contra a resolución pola que se tivo por desistida a recorrente en petición de reclamación dos danos. Desestimado.

7.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 268/2004 interposto por Dª CARMEN RODRÍGUEZ AMOEDO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade por danos. Estimado.

8.- Sentenza TSXG no rec. de apelación nº 02/5143/2001 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en relación con reclamación de débeda da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Desestimado.

9.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/5005/01 interposto por D. CARLOS VILLAR FREIRIA contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos. (Expte. 13523/240/2000). Estimado.

10.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/5022/01 interposto por Dª CELSA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ contra resolución que inadmite reclamación de responsabilidade patrimonial por danos.(Expte. 13914/240/2001). Estimado.

11.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 01/0857/03 interposto por D. JOSE CARLOS CONDE FERNÁNDEZ contra desestimación por silenzo administrativo de reclamación de reponsabilidade patrimonial por mal funcionamento dos servizos. Estimado parcialmente o recurso.

12.- Sentenza da Audiencia Provincial sección sexta no rec. apelación nº 3027/05 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra Sentenza do Xulgdo de Primeira Instancia nº 1 de Vigo, en relación coa de nulidade dos contratos de compra-venda sobre parcela lavadoiro sita en Gandarón Lavadores. Desestimado.

13.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 234/2004 interposto por D. ALFONSO PAZÓ IGLESIAS contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos. Declaración de incompetencia xurisdiccional.

14.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 226/2004 interposto por Dª. OLGA VÁZQUEZ DOMÍNGUEZ contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos. Rematado por satisfacción extraprocesual.

15.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 19/2005 interposto pola XUNTA DE GALICIA contra resolución do Concello de Vigo sobre notificación de alta ou variación no padrón do IBI de natureza urbana 2004. Rematado por satisfacción extraprocesual.

16.- Auto do X. da Audiencia Provincial no rec. apelación nº 3040/05 interposto por D. ANTONIO GONZÁLEZ RIAL contra auto do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Vigo en relación coa reclamación de danos por usurpación de terreos na parroquia de Candeán. Desestimado.

17.- Auto do X.de 1ª Instancia nº 11 de Vigo no procedemento verbal nº 280/05 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra D. Juan Otero Sobral por acción de desafiuzamente por falta de pago e reclamación de cantidades adebedadas por arrendamento de local. Rematado o xuízo.

18.- Auto do X.de 1ª Instancia nº 10 de Vigo procedemento vergal nº 281/05 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra D. Alfredo Román Villar por acción de desafiuzamente por falta de pago e reclamación de cantidades adebedadas por arrendamento dun local. Rematado o xuízo.

CEMITERIOS
19.- Anulación de adxudicacións de nichos e cinceiros nos cemiterios municipais de Pereiró, Lavadores, Teis e Cabral. Expte. 4947/255.

CULTURA
20.- Indemnización substitutiva a favor de Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. por importe de 963.252,03 € en concepto de realización de obras do proxecto de execución do MARCO. Expte. 22/107.

21.- Indemnización substitutiva a favor de Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. por importe de 1.199.596,55 € e 670.560,75 €, en concepto de realización de obras do proxecto de execución da “Casa das palabras”. Expte. 21/107

DEPORTES
22.- Solicitude do Club Ciclista Meixoeiro de autorización para a realización do “XVII Gran Premio Ciclista Meixoeiro” no barrio do Meixoeiro, o día 23 de xullo de 2005. Expte. 5318/333.

23.- Solicitude da SCRD Nautilus de San Andrés de Comesaña de autorización para a realización da marcha ciclista “VII Edición do día da Bicicleta” o 17 de xullo de 2005. Expte. 5354/333.

24.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Fundación Vigo en Deporte para o desenvolvemento do deporte local. Expte. 5278/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
25.- Proxecto “Actívate”de formación-emprego, para a realización de itinerarios de inserción laboral no ámbito dos servizos ás persoas con especiais necesidades . Expte. 3246/077.

26.- Relación de obras para desenvolver no Programa Bial durante o mes de xullo de 2005. Expte. 3247/077.

27.- Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Caixa Galicia para a realización dunha asistencia técnica no servizo de asesoramento a emprendedores da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego. Expte. 3273/77.

FESTAS E A.SOCIOCULTURAL
28.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación de Comisións de Festas de Nosa Señora das Neves da Guía para a organización da “Festa da Sardiña”, o día 30 de xullo de 2005. Expte. 1552/335

29.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” para a organización da “X Festa do Mexillón”, o vindeiro día 17 de xullo de 2005. Expte. 1553/335

30.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e o Centro Veciñal e Cultural de Valadares para a organización do “XII Revoltallo de música emerxente e a Festa do Polbo” no Monte dos Pozos durante o mes de agosto de 2005. Expte. 1551/335

31.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e vintecinco corais da cidade para a organización do programa de concertos “Vigo, un mar de corais”. Expte. 1546/335

MUSEO QUIÑONES DE LEON
32.- Fixación de prezos de venda o público do catálogo da exposión “Para o deus Berobreo” que se realizará no Museo Quiñones de León, durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2005. Expte 1703/337.

PERSOAL
33.- Productividade ao persoal municipal con motivo das eleccións autonómicas do día 19 de xuño de 2005. Expte. 234/234.

URBANISMO
34.- Recepción parcial das obras de urbanización da U.E. II-01 Gándara.. Expte. 3945/401.

35.- Nomeamento dunha técnica de Admón. Xeral como funcionaria interina para a súa adscrición á Xerencia municipal de Urbanismo. Expte. 1216/407.

VIAS E OBRAS
36.- Expediente de contratación da subministración de diverso material eléctrico para o servizo de Electromecánicos”. Expte. 11186/444.

37.- Devolución de fianza a favor de Diz Formoso S.L. constituída pola ocupación da vía pública cun valado de obra na rúa Chile esq. Trav. Romil. Expte. 44721/250.

XUVENTUDE
38.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal Doutor Fleming para o desenvolvemento de actividades de dinamización infantil e xuvenil. Expte. 1366/336.

39.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o CRAC de Coruxo para o desenvolvemento de actividades de dinamización infantil e xuvenil. Expte. 1338/336.

40.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o CRAC de Coruxo para o desenvolvemento de actividades de campamentos urbáns durante este verán. Expte. 1375/336

41.- Rogos e preguntas.