mércores, 13 xul 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, e a xerente da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, presentaron o mércores a publicación “Ámbitos de Galicia: análise e perspectiva da Galicia do século XXI”. O libro é unha reflexión sobre o coñecemento da comunidade galega, da súa realidade e das perspectivas futuras.
mércores, 13 xul 2005
Entre o 14 e o 17 de xullo, a ría de Vigo acollerá o Gran Premio Galicia 2005, integrado no Campionato do Mundo Multicascos 60’. Será a primeira vez na historia un porto español sexa escenario dunha regata destas características. As competicións de multicascos 60’ están consideradas unha das máis espectaculares do mundo da náutica: a fórmula 1 da vela.
mércores, 13 xul 2005
A concelleira da Muller, Lucía Molares, reuniuse na mañá do mércores, coas persoas que realizaron prácticas profesionais nos servizos municipais da muller do curso "Máster en educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade", froito dun convenio asinado recentemente entre o Concello e a Universidade de Vigo.
mércores, 13 xul 2005
A Xerencia de Urbanismo tratará na xuntanza que celebra o xoves, día 14 ás 10 horas, a aprobación definitiva do plan especial de equipamento e infraestructura viaria do campus universitario de Vigo.