O goberno local proxecta a construcción de seis novos párkings no centro de Vigo
Areal, Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e a avenida Castelao son as seis áreas nas cales o goberno municipal proxecta a construcción doutros tantos aparcadoiros nun prazo de tres ou catro anos, cun total de 3.000 novas prazas públicas de estacionamento.
Nunha reunión mantida hoxe mércores, o voceiro do goberno municipal, José Manuel Figueroa, informou os representantes dos grupos políticos da oposición sobre este proxecto, que foi cualificado polo concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, como "o máis importante nesta lexislatura despois do do Pazo de Congresos".
José Manuel Figueroa dixo que "ten que haber unha solución para o tráfico por superficie" e anunciou unha nova xuntanza cos restantes grupos para recabar as súas opinións e lograr o maior consenso posible de cara ao inicio dun procedemento administrativo que, segundo afirmou, permitirá o comezo das obras de construcción destes párkings en 2006.
Os seis párkings suporían un investimento de entre 60 e 70 millóns de euros e poderían estar en funcionamento dentro de tres ou catro anos. O máis cara de todos sería o de García Barbón-Policarpo Sanz, cun investimento de 15 ou 16 millóns de euros. Das 3.000 novas prazas de estacionamento, entre un 10 e un 20 por cento reservaranse a residentes. Esta porcentaxe chegará ata o 40% no caso do párkig da avenida Castelao.
José Manuel Figueroa adiantou que, en vistas á súa construcción, os aparcadoiros serán divididos en dous lotes, un dos cales agrupa os de Areal, Policarpo Sanz e Pintor Colmeiro, abranguendo o outro os de Rosalía de Castro, Genaro de la Fuente e Castelao. Con esta división quérese impedir que un exceso de obras prexudique de maneira excesiva o tráfico na cidade.
Despois da reunión, Xulio Calviño, en representación do PSdeG-PSOE, dixo que un bo sistema tarifario para os novos aparcadoiros sería o de aplicar franxas de cinco minutos despois do cuarto de hora inicial. Pola súa parte, o representante do BNG, Xabier Toba, afirmou que a intención do seu grupo é que se pague polo tempo real e non por horas.
Descargar todas as imaxes