Escoitar

Visita ao Concello das alumnas do máster en igualdade

A concelleira da Muller, Lucía Molares, reuniuse na mañá do mércores, coas persoas que realizaron prácticas profesionais nos servizos municipais da muller do curso "Máster en educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade", froito dun convenio asinado recentemente entre o Concello e a Universidade de Vigo.

mércores, 13 xul 2005
1121259500lucia.jpg
As prácticas realizáronse nos servizos municipais de atención ás mulleres: Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, Casa de Acollida para mulleres maltratadas, Casa das Mulleres e Oficina da Muller.

Lucía Molares manifestou ás alumnas do master a importancia de establecer accións necesarias tendentes a lograr a igualdade de xénero e evitar a indefensión e a desigualdade material que veñen padecendo as mulleres en moitos ámbitos da vida.

Tanto o Concello como a Universidade recollían no convenio que “ambas institucións están interesadas na promoción de accións formativas e de investigación, así como no fomento da realización de actividades e proxectos de carácter práctico que axuden a orientar e a impulsar o transcendental papel que lle corresponde desenvolver á muller no futuro dos diversos ámbitos da sociedade, da economía e da cultura do Concello de Vigo”.
Descargar todas as imaxes