Escoitar

Concello e Fundación Caixa Galicia presenta a publicación “Ámbitos de Galicia”

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, e a xerente da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, presentaron o mércores a publicación “Ámbitos de Galicia: análise e perspectiva da Galicia do século XXI”. O libro é unha reflexión sobre o coñecemento da comunidade galega, da súa realidade e das perspectivas futuras.

mércores, 13 xul 2005
1121259627ambitos1.jpg
A publicación completa o proxecto “Ámbitos de Galicia” que se desenvolveu en Vigo a través de varios ciclos de conferencias e unha mesa redonda para analizar a evolución da realidade galega.

Esta é unha obra que recolle artigos independentes, pero complementarios entre si, que amosan perspectivas diferentes sobre os diversos aspectos que fan de Galicia un país no camiño cara á modernidade. O análise da Galicia actual recorre os múltiples ámbitos que entre se constitúen o sistema dunha colectividade de persoas que procura a mellora da súa calidade de vida, asentada nos principios esenciais e universais da humanidade. A estructura social, demográfica, os recursos naturais e económicos son temas que se desenvolven na obra.
Descargar todas as imaxes