Aprobado o proxecto "Actívate", para a inserción laboral de persoas con dificultades
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto "Actívate", co que se pretende favorecer a inserción laboral no ámbito de servizos de persoas con necesidades especiais, como son as mulleres con dificultades neste campo e os colectivos en situación ou en risco de exclusión social. O proxecto contará cun orzamento duns 640.000 euros.