Escoitar

Corina Porro recibe aos deportistas gañadores das probas de slálom

A alcaldesa recibiu na mañá do venres aos deportistas da asociación de discapacitados APAM que resultaron vencedores nas probas de slálom , modalidade deportiva para paralíticos cerebrais. Os gañadores son José Fernández Méndez, Javier Fernández Martínez, Miguel Alonso Martínez e Ana Soage Sás.

venres, 15 xul 2005
1121429787apam.jpg
O slálom é una modalidade de deporte para paralíticos cerebrais, na que, nun circuíto con obstáculos, o deportista en cadeira de rodas debe esquivalos ata completar o percorrido no menor tempo posible. O derribo dalgún obstáculo ou a súa incorrecta execución supón a penalización con tempo do participante e incluso a súa posible descalificación.

A filosofía do slálom consiste en que mediante a utilización de obstáculos que simulan aos que unha persoa en cadeira de rodas pode atoparse diariamente, como rampas ou portas, os deportistas melloran a súa habilidade no manexo das súas cadeiras e isto é de gran utilidade na súa vida diaria.

O campionato de España desta modalidade , segundo manifestou a alcaldesa, foi de gran importancia para este colectivo de Vigo porque tivo moi bos resultados grazas ao esforzo dos deportista.
Descargar todas as imaxes