Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 15 xul 2005
Asuntos que estudiará, en sesión ordinaria, a Xunta de Goberno local, na reunión que manterá o luns , día 18, ás 8:30 horas.

ALCALDIA
1.- Indemnización substitutiva a favor de Canal Uno de Comunicación, S.L. por importe de 11.954,96 € en concepto de gastos por unha conferencia impartida na cidade de Oviedo con motivo da “Volta ó Mundo a Vela”. Expte. 2281/101.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta Exptes. 4/900, 2/28, 4/1039 e 2/1253.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
3.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación de Secretariado Gitano para o desenvolvemento de accións dentro do programa Plurirrexional de Loita contra a Discriminación.Expte.3222/077

4.- Solicitude de calificación como ILE (Iniciativa Local de Emprego) dun proxecto empresarial “Piedraconpozo, S.L.”. Expte.3283/077.

INVESTIMENTOS
5.- Autoliquidación provisional do Canon, presentada pola entidade Aqualia correspondente ao período de marzo a agosto de 2004 e a regulación dende xaneiro 1991 a febreiro 2004. Expte. 100614/140.

MULLER
6.- Convocatoria e bases para o concurso de ideas do programa “Eu Tamén Sei 2005/2006”. Expte. 2026/224.

7.- Ratificación do convenio entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a utilización da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas e Piso tutelado. Expte. 2088/224.

MUSEO “QUIÑONES DE LEÓN”
8.- Fixación de prezo de venda ao público do programa de visitas ao xacemento arqueolóxico de Donón-Cangas do Morrazo. Expte. 1730/337.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
9.- Resolución do contrato entre o Concello de Vigo e a empresa “Instalaciones y Montajes Eléctricos y Saneamiento, S.A” (IMES) para a instalación dun sistema de evacuación mediante escalera exterior na Casa do Concello. Expte. 10042/444.

10.- Comunicación a Ungría Patentes y Marcas S.A. da non renovación das marcas “Vigomar” rexistrada a favor do Concello de Vigo. Expte. 762/241.

11.- Liquidación do contrato entre o Concello de Vigo e a empresa “Turvigo Ferias e Congresos, S.A” declarado resolto na X.Goberno local do 2.02.04. Expte. 15947/240.

12.- Solicitude de Dª Mª José Ávila González de desafectación na 1ª Travesía rúa Coruña. Expte. 17153/240. Desestimada.

13.- Reclamacións de danos:
a) Ana María Crespo Leyenda. Expte 274/243. Desestimada.
b) María Sara Cerdeira Quinta. Expte 15524/240. Desestimada.
c) Zurich España Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. Expte 437/243. Responsabilidade CESPA S.A.

PERSOAL
14.- Bases para a cobertura interina dunha praza de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. Expte 15866/220.

15.- Solicitude de permiso sen soldo polo periodo de 15 días da funcionaria Dª Ana Quirós García.

URBANISMO
16.- Proxecto da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo. Expte. 3256/306.

17.- Solicitud expropiación total da parcela 11 no expediente expropiado “Nova estrada baixada a Rios-Teis” Expte. 185/413.

18.- Aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta, propietarios non incorporados ao Polígono 1 do “Plan Parcial 03-23 Baruxans”. Expte. 178/413

19.- Aceptación de cesión gratuíta de D. Manuel Fortes Miguélez e Dª Maria Pilar Otero Mariño para ensanche e mellora do camiño Canteiros de Matamá. Expte. 44420/250.

20.- Aceptación de cesión gratuíta de D. Rubén Fernández Lorenzo para ensanche e mellora do camiño Lourido (Mantelas). Exptes. 44473/250.

21.- Relación de postos de traballo do Organismo Autónomo Xerencia municipal de Urbanismo do ano 2005. Expte. 1003/407.

22.- Expediente de contratación da consultoría e asistencia técnica encargada do desenvolvemento da oficina municipal xestora de actuacións viarias. Expte. 1228/407.

VALEDOR DO CIDADÁN
23 .- Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para a realización de investigacións relativas á contaminación acústica nocturna na cidade de Vigo.

VIAS E OBRAS
24.- Devolución de fianza por importe de 30.000 € a favor de “Emprovialt, S.L.”. Expte. 45538/250.

XUVENTUDE
25.- Convocatoria e Bases dos certames xuvenís en torno á Volvo Ocean Race 05. Expte. 1360/336.

26.- Rogos e preguntas.