Escoitar

O bombeiro vigués que axudou no desastre do tsunami xa regresou de Indonesia

José Antonio Torres contou en rolda de prensa a súa experiencia durante dous meses como voluntario na catástrofe de Indonesia por mor do pasado tsunami.

xoves, 21 xul 2005
1121952454bomb.jpg
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello e o coordinador de Médicos do Mundo en Galicia, Ramón Esteso, presentaron en rolda de prensa ao bombeiro vigués José Antonio Torres, que regresou de Indonesia onde traballou coa ONG como cooperante trala traxedia do Tsunami, para que contase a súa experiencia.

O bombeiro nado en Urugai, aínde que de pais e corazón vigueses, comezou indicando que "todos somos dalgunha meneira voluntarios, na medida do posible, e que a labor dos que estivemos no lugar da catástrofe non sería posible sen a axuda económica do resto da sociedade". José Antonio Torres calificou a experiencia de "moi enriquecedora", aínda que recoñeceu que o traballo diario foi esgotador e nunca remataba. "Durmíamos tan só polo esgotamento, unhas horas", dixo.

José Antonio Torres trouxo unha mensaxe das víctimas e afectados polo vendaval: "Dixéronme que vos dera as grazas por todas as aportacións e que por favor non nos olvidemos deles, que necesitan estas axudas para sobrevivir cada día". O bombeiro explicou que moita xente de alí non ten nada no senso máis extenso: "nin familia, nin benes materiais, e necesitan da nosa solidariedade".
Descargar todas as imaxes