Escoitar

O Concello e Valery Karpin colaboran con Chano Rodríguez de cara ás Olimpiadas de Pekín

A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe xoves a colaboración de Valery Karpin e o Concello de Vigo co deportista paralímpico Chano Rodríguez de cara ás Olimpiadas de Pekín, que se celebrarán en 2008.

xoves, 21 xul 2005
1121951990karo.jpg
Valery Karpin vai financiar as viaxes de Chano Rodríguez, nas que, segundo a alcaldesa, o deportista "levará a imaxe de Vigo polo mundo". Isto, para Corina Porro, servirá para promocionar a nosa cidade, algo que é básico "para o desenvolvemento de Vigo e da súa economía". A alcaldesa agradeceulle a Valery Karpin "a súa implicación con Vigo e cun proxecto de cidade no que o deporte xoga un papel fundamental".

Pola súa parte, Chano Rodríguez agradeceulle a Corina Porro o apoio e o alento que, como representante dos cidadáns, lle ten dado, e recordou que Valery Karpin sempre lle deixou a porta aberta. Ademais, o deportista vigués comprometeuse "a seguir batallando día a día na auga" e esperou que a actuación de Karpin "sirva de exemplo para outros moitos empresarios".

Chano Rodríguez procurará rubricar esta colaboración o próximo 31 de xullo, nadando desde as Illas Cíes ata Samil.
Descargar todas as imaxes