Marta Iglesias clausurou o campamento de verán para discapacitados "Divértete no verán"
O campamento desenvolveuse entre os días 18 e 22 de xullo e tivo unha asistencia de 17 rapaces aínda que a previsión inicial era de 15.
A concelleira Marta Iglesias acudiu hoxe venres á clausura do campamento urbano específico "Divértete no verán" que se celebrou do 18 ao 22 de xullo e foi dirixido a rapaces e rapazas con discapacidade psíquica de difícil integración con idades comprendidas entre 9 e 21 anos.
Este campamento foi unha iniciativa novedosa das profesionais do Colexio de Educación Especial "Saladino Cortizo", que ten sido respaldada e apoiada pola Concellería de Benestar Social que financia a actividade cunha aportación de 3.000 €. E a entidade xuvenil ABERTAL xestionou o asunto.
A Delegada de Benestar Social, Marta Iglesias Bueno, valorou moi positivamente a experiencia, así como os pais, que agradeceron este respiro familiar e a iniciativa do Concello, xa que o coidado destes rapaces require unha dedicación completa.
Ofertáronse 15 prazas, aínda que, finalmente participaron 17 rapaces. As actividades desenvolverónse, tanto ao aire libre, no parque de Castrelos e nas instalacións cedidas polo IMD no pavillón de Travesas.