BANDO DO DÍA DE GALICIA 2005
Os galegos sempre somos galegos. Ese sentimento de identidade propia e diferenciada, ese apego incondicional á Madre Terra que vivimos os galegos é único. Os que aquí estamos, soñamos con non termos que partir, os que o fixeron, non deixan de traballar polo retorno.
Quizais sexa ese Camiño máxico, marcado pola historia, polo tempo, pola fe, pola búsqueda incesante, o que nos empuxa
a volver... a Santiago, a Galicia. Ese Camiño que, dende sempre, nos abriu ó mundo, afianzando aínda máis a nosa
idiosincrasia.
E é este sentimento de pobo diferenciado, esta conciencia de singularidade, o que nos segue xuntando, tras 85 anos,
neste día festivo para todos nós no que celebramos o Día de Galicia.
Unha celebración, esta, que xurde precisamente na emigración, no corazón das xentes que seguían vivindo Galicia mesmo alén do mar. Este mar no que con cada solpor acaba o mundo para volver comenzar cada día con ilusións renovadas... aquí ou alá, porque Galicia non é un territorio, é un sentimento, unha emoción. Cada vez que un galego deixa a patria, "deixa ríos, deixa fontes", deixa amigos, deixa amores, pero sempre levará consigo o orgullo de ser galego.
E esta cidade sabe moito desa dignidade, presente en tantas partidas e despedidas que presenciou. Vigo dixo adeus a
numerosos galegos que non o deixaron de ser nunca. Pero Vigo tamén acolleu a moitos outros que se achegaban na
procura das bondades outorgadas polo mar.
Este mar símbolo de prosperidade, berce de traballo, comercio e mesmo
aventura. Un mar que nos abre as portas do cosmopolitismo a través doutras xentes e doutras culturas. Unha ría moitas
veces maltratada e ignorada a favor da industria.
Hoxe, Vigo mostrase desparramada preguizosamente sobre o mar pero, por fin, comenza a sobreponerse á languidez e
á desidia que depositaron os anos na beiramar. Superada a premura da sobrevivencia, esta cidade, instalada xa sobre os pilares da economía e o benestar social, puxa agora pola cultura e a estética para consolidar tamén o tan importante benestar espiritual: o alma alimentada polo saber e a beleza.
É momento de mirarnos cara ó pasado para recuperarmos, de xeito renovado, unha identidade soterrada baixo o manto
do progreso indiscriminado; para compartirmos un mar de desenvolvemento e benestar.
Vigueses, non deixemos que o egoísmo do presente nos cerre os ollos ó pasado e ó futuro. Reforcemos o tesón e a
humildade de sermos xentes traballadoras co orgullo de cidadáns, co orgullo de sentirmonos vigueses.
Sigamos traballando pois por un Vigo para vivir para poder gozar e vivir Vigo.