O Colexio de Arquitectos organiza unha mostra cos Premios Grandearea de achega á arquitectura 2004
A exposición terá lugar na Casa das Artes a partir do próximo 28 de xullo e se manterá ata o 11 de setembro.
O concelleiro Ignacio López Chaves xunto con representantes da delegación viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia presentaron hoxe venres no Concello a mostra "Premios Grandearea de aportación á arquitectura 2004", que se exporá na planta baixa da Casa das Artes dende o 28 de xullo ata o vindeiro 11 de setembro.
Trátase dunha serie de módulos expositivos combinados de xeito diverso que conteñen maquetas, fotografías, planos e audiovisuais sobre os diferentes proxectos. Os Premios Grandearea son un recoñecemento a promotores e arquitectos polo seu labor de conxunto para obter unha expresión arquitectónica do feito cultural actual. Cada trimestre fállanse os premios da estación que corresponda e se publican na páxina web www.coag.es/vigo/grandearea.
O concelleiro Ignacio López Chaves resaltou a importancia da arquitectura na cidade de Vigo, "unha das mostras mais salientables de Galicia", e felicitou a labor do colexio de arquitectos afirmando que esta exposición serve de acicate para a promoción da arquitectura. "O ano que ven o colexio de arquitectos organiza unha exposición sobre arquitectura racionalista que resultará moi interesante", dixo o concelleiro.
Descargar todas as imaxes