O ciclo Realidade 2005 proxectará cinco películas ao aire libre na Praza do Rei
Filmes como "El Hundimiento", "Lost in La Mancha" ou "24 Hour Party People" serán proxectadas entre os días 31 de xullo e 4 de agosto. As películas proxectaranse en V.O. subtitulada e haberá 1.000 cadeiras para o público.
O concelleiro de Cultura Ignacio López Chaves presentou o III Ciclo ao aire libre "Realidade 2005", que terá lugar na praza do Rei entre o 31 de xullo e o 4 de agosto. Proxectaranse en total cinco películas en versión orixinal subtitulada en pantalla de gran tamaño e habilitaranse mil cadeiras para o acomodo do público.
"24 Hour party people", de Michael Winterbotton; "El Hundimiento", de Oliver Hirschbiegel e os documentais "Lost in La Mancha", "Un instante en la vida ajena" e "El cielo gira" son os filmes elixidos. Estas películas contan cunha temática común que serve de fío conductor no ciclo e trátase da idea de persoas que conseguen ter moito poder para logo perdelo.
O prezo do ciclo ascende a 12.000 euros e o Concello prevé a habilitación do Auditorio Municipal en caso de que a choiva impida a proxección ao aire libre durante algunha das noites.
Programa:
Domingo, 31 de xullo: "24 Hour Party People", de Michael Winterbotton (2003) Drama, 112 minutos.
Luns, 1 de agosto: "Lost in La Mancha", de Keith Fulton e Louis Pepe (2002) Documental, 93 minutos.
Martes, 2 de agosto: "Un instante en la vida ajena", de José Luis López Linares (2003) Documental, 80 minutos.
Mércores, 3 de agosto: "El cielo gira", de Mercedes Álvarez (2004) Documental, 110 minutos.
Xoves, 4 de agosto: "El Hundimiento", de Oliver Hirschbiegel (2005) Drama, 150 minutos.
Descargar todas as imaxes