Urbanismo
A Xunta investirá outros 29 millóns de euros en vivendas sociais en Vigo
luns, 23 mai 2005A Xunta de Galicia construirá máis vivendas sociais en San Paio de Navia e nas Roteas, para máis de 1.700 vigueses, cun investimento de preto de 29 millóns de euros
O Consello da Xerencia resolve convalidar os gastos de información pública do PXOM
xoves, 19 mai 2005O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu convalidar os gastos da información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), por un importe total de 231.531,67 euros.
A instalación dunha estación náutica na praia de Bouzas requeriría a modificación do Plan Especial do Porto
xoves, 12 mai 2005O xerente de Urbanismo respondeu ao BNG acerca da solicitude de instalación dunha estación náutica en Bouzas explicando que o Plan carece de ordenanza para esta zona. O solicitante debería ademais obter as licencias municipais de actividades e de obra sen que esto supuxese unha autorización para a edificación nin para o uso do solo.
Urbanismo propón varios acordos de obras á Xunta de Goberno
xoves, 5 mai 2005Entre outras medidas, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle á Xunta de Goberno Local a aprobación da recepción das obras para urbanizar a prolongación da rúa Enrique Lorenzo, en Teis.
As 60.944 alegacións ao PGOM foron feitas por 26.475 cidadáns
xoves, 28 abr 2005Ese é un dos primeiros datos que se extraen do rexistro feito das alegacións no sistema informático do Concello e que o concelleiro e o xerente de Urbanismo difundiron aos medios. Isto da unha media de 2,35 alegacións por persoa, que sube a 4,5 se illamos aos cidadáns que só fixeron unha única alegación.