xoves, 17 mar 2005
O concelleiro José Manuel Figueroa e o xerente de Urbanismo, Francisco Javier Rivas, manifestaron na Xerencia de Urbanismo a intención do Goberno de facer executar canto antes esta obra ante a pregunta do nacionalista Xavier Toba.
mércores, 16 mar 2005
O Consello da Xerencia de Urbanismo reúnese para tratar entre outros a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A. Montecelo Alto, o recoñecemento do dereito de reversión de terreos en Baixada a Ríos-Teis e o nomeamento de tres auxiliares administrativos.
venres, 11 mar 2005
O concelleiro Antonio Coello e o xefe de departamento Juan Comesaña valoraron os resultados do chamado "Equipo Móvil de adquisición de datos". Este estudo calcula a velocidade media do tráfico en Vigo que, segundo Comesaña pode calificarse de moi boa.
xoves, 10 mar 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tomou, entre outras medidas, a decisión de instar a súa Presidencia a dar as instruccións oportunas para sistematizar as parcelas do Patrimonio Municipal do Solo con uso residencial e tipoloxía de vivenda unifamiliar illada e/ou acaroada.
xoves, 3 mar 2005
A ordenanza municipal reguladora de I.T.E. foi aprobada definitivamente por todos os grupos políticos da Xerencia aínda que houbo discrepancias en canto a data propicia para a súa entrada en vigor.
xoves, 24 feb 2005
O Consello da Xerencia de Urbanismo propúxolle ao Pleno do Concello a declaración da nulidade do acordo plenario de 27 de novembro de 1992 sobre a cesión para vial de circunvalación concluído con "Miraflores Vigo, S.A.". Tamén se aprobou, entre outras medidas, levar á Xunta de Goberno Local a decisión de constituír a Xunta de Compensación do Plan Parcial Gandariña 2.
mércores, 23 feb 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reúnese mañá xoves 24 de febreiro para tratar, entre outros, a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A. Carrasqueira ou a recepción parcial das obras de urbanización da U.A. Ramón Nieto.
mércores, 16 feb 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou a Escola de Artes e Oficios para abrir a exposición ao público do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A exposición, que finalizará o 16 de abril, informará os cidadáns a través de maquetas, planos e diversa documentación gráfica e escrita, ofrecéndolles ao mesmo tempo a posibilidade de aclarar calquera dúbida de maneira personalizada.