Escoitar

A Xerencia aproba a ordenanza definitiva da Inspección Técnica de Edificios

A ordenanza municipal reguladora de I.T.E. foi aprobada definitivamente por todos os grupos políticos da Xerencia aínda que houbo discrepancias en canto a data propicia para a súa entrada en vigor.

xoves, 3 mar 2005
1109856777consello.jpg
A Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou definitivamente a ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificación. Antes da votación, na que tódolos grupos políticos estiveron a prol, o concelleiro do PSOE Mauricio Ruiz Ceniceros alegou que a aplicación de esta ordenanza, prevista para xaneiro de 2006, debería levarse a cabo antes, como estaba previsto na aprobación inicial da ordenanza. Pola súa parte, o voceiro do PP José Manuel Figueroa, comentou ao remate da Xerencia que os plazos previstos na ordenanza definitiva son necesarios para a súa adaptación, así como para a formación dos técnicos, o asinamento de convenios cos colexios profesionais e a elaboración dun censo de edificacións. Así, comezando a inspección dos edificios construídos antes de 1919 en 2006, de 1920 a 1939 en 2007, de 1940 a 1949 en 2008 e así sucesivamente ata a inspección dos edificios posteriores a 1980 en 2012.

A Xerencia aprobou tamén por unanimidade o expediente de infraccións urbanísticas relativo á declaración de restauración da legalidade urbanística alterada por unha execución de obras na Baixada á Praia, 91 de Saiáns. A cesión gratuita de terreos para o ensanche e mellora da rúa Baixada ao Vao, un asunto competencia da Xunta de Goberno Local e que se levaba a debatir á Xerencia foi resolto sen complicacións.
Descargar todas as imaxes