Escoitar

Festival Alternativo de Teatro

A compañía Semolina Tomic representa o venres,día 4, a obra "Body Safe (ER)" no auditorio municipal ás 21 horas dentro da programación de Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Cultura.

xoves, 3 mar 2005
1109858739teatro4marzo.jpg
Cía Semolina Tomic
Cía Semolina Tomic - Croacia/Barcelona

O encontro entre a personaxe 1 e a personaxe 2 transpira rutina. Xa se coñecen, están afeitas a unha á outra.
Dende a súa inmobilidade, comezan un xogo de conversas atemporais, intercambian anécdotas, cancións, contos e feridas e esa retroalimentación convértese na única axuda para resistir o constante e inexplicable sufrimento ao que están sometidas. O público ao igual que elas, debátese ante o descoñecemento dos motivos que as levaron a esa estraña e absurda situación. Non hai explicación.
Descargar todas as imaxes

Máis información